Actualidad

[editar plantilla]

Propostas os partidos políticos para as próximas eleccións ó parlamento de Galicia [editar]

Pola inclusión social da poboación xitana

23 de Agosto de 2016
FSG Galicia

COMPARTIR
Propostas os partidos políticos para as próximas eleccións ó parlamento de Galicia3 de cada 4 personas xitanas encóntranse en situación de exclusión. 
Un 4% das familias xitanas seguen vivindo en chabolas. 
O abandono escolar temperá da xuventude xitana sitúase no 63% fronte o 21% que representa o conxunto da poboación de España. 
A poboación xitana asalariada supón un 37,6 % fronte o 83% da poboación total de España. 


A comunidade Xitana formada por case 10.000 persoas en Galicia é un dos grupos que máis sofre a brecha da desigualdade.

Ante esta alarmante situación de desvantaxe social son imprescindibles medidas específicas que garantan a inclusión social das persoas xitanas. 

As desigualdades que sufre a poboación xitana en comparación os estándares do resto da poboación prodúcense nos ámbitos clave para a inclusión e o exercicio pleno da cidadanía. 

A prioridade está na educación, ferramenta clave para o cambio social, e a nosa principal demanda, pero xunto a iso, cremos que é tamén imprescindible abordar a situación da vivenda, o emprego e a discriminación.

Polo tanto, dende a Fundación Secretariado Xitano,  pedimos ós partidos políticos un firme compromiso na próxima lexislatura para: 

  • Abordar a desigualdade educativa, marcando como obxectivo reducir a metade a taxa actual de abandono escolar temperá. (do 63,7% ó 32%)
  • Erradicar o chabolismo e a segregación residencial a través de plans de acceso a unha vivenda digna que contemplen medidas de acompañamento social. 
  • Incrementar a poboación xitana asalariada ata un 50% e garantir o acceso da xuventude xitana ós recursos dispoñibles para a promoción do emprego xuvenil.  (Programa de Garantía Xuvenil) 
  • Promover a igualdade e a loita contra a discriminación, poñendo en marcha medidas para a eliminación da Discriminación Racial ou Étnica


POLA INCLUSIÓN SOCIAL DA POBOACIÓN XITANA<br>PROPOSTAS ELECCIONS AUTONOMICAS GALICIA
POLA INCLUSIÓN SOCIAL DA POBOACIÓN XITANA
PROPOSTAS ELECCIONS AUTONOMICAS GALICIA

Documentos de interés

VOLVER A LA PÁGINA PRINCIPAL DE ACTUALIDAD
...

GITANOS.ORG

...

GITANOS EN LA PRENSA

El alumnado gitano en Secundaria
  • El alumnado gitano en Secundaria
  • VER MÁS