Desde a Fundación Secretariado Xitano buscamos que Lección Xitana permita cambiar a visión que se ten do pobo xitano e ofrecer unha mirada máis realista e xusta que combata estereotipos e prexuízos arraigados na sociedade e que permita construír cidadanía e loitar por un futuro compartido sen discriminación.
Con afán divulgativo, Lección Xitana quere dar a coñecer unha historia de persecución e dor, pero tamén de resistencia e achega: O incalculable legado cultural do Pobo Xitano ao patrimonio social e cultural común.
Documentos de interés