Actualidad

[editar plantilla]

Presentación do Informe de discriminación 2021[editar]

COMPARTIR
  • Fechas: 8 Abril 2022
  • Lugar de celebración: Rúa do Hórreo, 65
    15700 Santiago de Compostela
    A Coruña

A Fundación Secretariado Xitano ( FSG) publica un ano máis o seu Informe Anual “Discriminación e Comunidade Xitana”, co fin de dar visibilidade aos casos de discriminación e as vulneracións do dereito á igualdade de trato que seguen sufrindo as persoas xitanas no noso país. Este informe, que chega aquí a súa XVII edición, recolle os casos que atendemos no ano 2020, un ano moi especial debido á pandemia da COVID-19, que afectou a vida de todas as persoas a nivel mundial. Desgraciadamente, tamén a COVID-19 supuxo un novo pretexto para o aumento de discursos antigitanos, que vinculaban ao pobo xitano coa transmisión do virus e o incumprimento das medidas sanitarias, xerando á súa vez odio e discriminación. Así mesmo, o Estado de Alarma que se decretou e a propia pandemia condicionaron as maneiras nas que se exerce discriminación, propiciando un aumento de casos no ámbito policial, así como no do acceso a bens e servizos. Por esta razón dedicamos este Informe anual no seu apartado “A fondo” á análise deste fenómeno, o impacto da crise da Covid-19 no aumento das actitudes discriminatorias contra as persoas xitanas, e o que é máis importante, o impacto persoal e colectivo destes actos nas propias familias xitanas. 

Nesta edición de 2020 o número total de casos ascende a 364, son 58 menos dos que se documentaron o ano pasado. Este descenso débese, sobre todo, a que no ano 2020 non se realizou o ciclo de vixilancia do Código de Conduta da Comisión Europea sobre discurso de odio na internet, ámbito no que a  FSG participa como  ou informante fiable desde hai 6 anos. Neses ciclos a  FSG adoita reportar máis de 100 casos de discurso de odio antixitano en redes, que este ano non están no informe. Doutra banda, documentamos numerosos casos de malas prácticas en medios de comunicación, que vinculaban á comunidade xitana coa propagación do virus da COVID-19. 

Documentos de interés