Actualidad

[editar plantilla]

Día Internacional do Pobo Xitano, recepción en Conselleria de Política Social. [editar]

COMPARTIR
  • Fechas: 7 Abril 2022
  • Lugar de celebración: San Caetano, S/N EDIF ADMINISTRATIVO, Santiago de Compostela.
  • Organizador: Fsg Galicia
  • Destinatarios: Evento Privado. 
    Medios de comunicación. 

En España estímase que máis de 750.000 españois son xitanos e xitanas, arredor do 40% son andaluces. En Galicia tan só residen unhas 13.000 persoas xitanas, o 2,7% da poboación xitana española. 

O Pobo Xitano mantén un rico patrimonio cultural e unha identidade, valores e costumes que os Estados deben coidar e protexer. As súas influencias na cultura universal estiveron, están e estarán presentes sempre, sobre todo a través do flamenco que, contribuíu á internacionalización da cultura española en todo o mundo. 

Cada ano, na data do 8 de abril, celébrase o Día Internacional do Pobo Xitano, para lembrar o I Congreso Mundial roma/xitano celebrado en Londres onde se instituíu o himno e a bandeira xitana.  

A celebración do Día Internacional do Pobo Xitano 2022 chega nun terrible contexto de conflito internacional coa invasión militar rusa de Ucraína, e non podemos ignorar o que está a suceder nas fronteiras da Unión Europea. Por iso, este ano queremos que o 8 de abril constitúa tamén unha sentida homenaxe a tódalas persoas que están a sufrir en primeira persoa as consecuencias desta guerra, tanto en Ucraína como nos países limítrofes, e especialmente á comunidade xitana ucraína, que sabemos que en moitos casos está a sufrir un trato discriminatorio. 

O Pobo Xitano caracterízase pola súa solidariedade, pola súa unidade, pola súa identidade compartida e os seus vínculos máis aló das fronteiras; e sabemos que nas crises sempre teñen máis dificultades quen está nunha situación de maior vulnerabilidade, como os xitanos e xitanas. Por iso queremos apelar á solidariedade con tódalas vítimas desta guerra, tamén co pobo xitano ucraíno, e compartir a reivindicación dunha sociedade xusta, baseada nos dereitos e as liberdades, nos valores democráticos, na igualdade de oportunidades e na cohesión social, para o Pobo Xitano e para o conxunto da sociedade.  

O pasado mes de novembro, ven de aprobarse a Estratexia Nacional de Igualdade, Inclusión e Participación do Pobo Xitano 2021-2030. Galicia, Comunidade Autónoma pioneira en ter unha Estratexia de Inclusión Social de Poboación Xitana, está a realizar a Avaliación Final para dar comezo o novo período de planificación. Un marco político específico que nace non só do recoñecemento da situación de desigualdade e discriminación da poboación xitana e da necesidade de dar unha resposta estrutural a esta situación, senón que tamén avanza no impulso da participación e o recoñecemento do Pobo Xitano na nosa sociedade e nas institucións.  

Documentos de interés