Actualidad

[editar plantilla]

A Fundación Secretariado Gitano, presentou hoxe na Oficina da Valedora do Pobo, o seu 19º Informe Anual “Discriminación e Comunidade Xitana” [editar]

O Informe, este ano recolle 532 casos de discriminación e antixitanismo

23 de Abril de 2024
FSG Galicia

COMPARTIR
A Fundación Secretariado Gitano, presentou hoxe na Oficina da Valedora do Pobo, o seu 19º Informe Anual “Discriminación e Comunidade Xitana” "Zaida Jiménez, técnica de igualdade da Fundación Secretariado Gitano, durante a presentación destacou que entre as conclusións do Informe está o aumento da concienciación das persoas xitanas sobre os casos que sofren de discriminación, ainda que continúan as barreiras que limitan a adopción de medidas máis activas de denuncia e que repercutan no acceso a Xustiza."

A atención a estes casos realízase no marco do Servizo de asistencia a víctimas de discriminación racial ou étnica, Servizo estatal e gratuito dependente do Consello para a Eliminación da Discriminación Racial ou Étnica (CEDRE), que depende da Dirección Xeral para a Igualdade de Trato e Diversidade Étnico Racial do Ministerio de Igualdade. Este Servizo é prestado pola FSG xunto con outras sete ONG´s referentes.

Zaida Jiménez, técnica de igualdade da Fundación Secretariado Gitano, durante a presentación destacou que entre as conclusións do Informe está o aumento da concienciación das persoas xitanas sobre os casos que sofren de discriminación, ainda que continúan as barreiras que limitan a adopción de medidas máis activas de denuncia e que repercutan no acceso a Xustiza.

Outra das conclusión apunta a que as sentencias positivas en casos de litixio estratéxico sirven de aliciente e desencadenan procesos máis activos para a denuncia.

Dolores Fernández, Valedora do Pobo recoñeceu que a lexislación avanzou para atallar moitas causas de discriminación. Con todo, afirmou que lles corresponde aos poderes públicos e á sociedade dar resposta a aqueles casos en que estes factores se entrelazan. O tempo que alavou o traballo que leva a cabo a Fundación Secretariado Gitano neste eido e destacou o traballo das entidades de iniciativa social na defensa de dereitos das persoas vulnerables. O Acto acudiron representantes de Cruz Vermella, ACCEDEM e Red Acoge, todas elas, entidade membro do Servicio de Atención a Victimas por motivos raciais ou étnicos.

Trala presentación do Informe, a Valedora e o seu equipo estiveron cunha representación dun grupo de persoas xitanas e coñeceron en primeira persoas situación de discriminación que viven no día a día e as que se enfrontan co apoio e asesoramento do equipo técnico da Fundación.

Dende a Fundación apostamos pola loita contra a discriminación por iso vimos de incorporar a figura dos técnicos de Igualdade de Trato. Un grupo de 11 profesionais, abogados, para impulsar accións coa comunidade xitana fronte a discriminación.

Eva Vera, Directora da Fundación Secreariado Gitano en Galicia dixo que “este informe é fundamental para o noso traballo de loita contra a discriminación e o antixitanismo, dado que nos permite visibilizar casos concretos e documentados de discriminación que sofren as xitanas e os xitanos en España”
Eva Vera, Directora da Fundación Secreariado Gitano en Galicia dixo que “este informe é fundamental para o noso traballo de loita contra a discriminación e o antixitanismo, dado que nos permite visibilizar casos concretos e documentados de discriminación que sofren as xitanas e os xitanos en España”

Documentos de interés

Galería de Fotos

VOLVER A LA PÁGINA PRINCIPAL DE ACTUALIDAD