29 de Marzo de 2017
FSG Vigo
Nun proceso de avance no necesario e xusto recoñecemento institucional do pobo xitano, estes símbolos poderán ser empregados protocolariamente nas conmemoraciones, actos e eventos institucionales relativos o pobo xitano, posto que o pasado 9 de marzo, o Congreso dos Deputados aprobou por unanimidade unha Proposición non de Lei pola que “o Congreso insta o Goberno a declarar o 8 de abril coma o Día do Pobo Xitano, recoñecendo a bandeira azul e verde con unha roda vermella de 16 radios e o Gelem Gelem como himno do Pobo Xitano”.
Dende os poderes públicos debemos contribuir a ese recoñecemento institucional a unha comunidade cunha historia e cultura propias, asentada en España dende fai xa máis de cinco séculos e que, con todo, segue sendo a minoría máis rexeitada socialmente tanto en España coma en Europa.
Este Día Internacional do Pobo Xitano debe ser un día de celebración para os xitanos e xitanas, o que cada vez máis debemos sumarnos as institucións e o conxunto da sociedade. É un día para lembrar a historia do pobo xitano, o seu longo e penoso peregrinaxe de expulsións o longo dos séculos, un día para lembrar as víctimas do xenocidio nazi e de tantas persecucións o longo da
súa historia.
Documentos de interés
GITANOS.ORG
GITANOS EN LA PRENSA