Actualidad

[editar plantilla]

Mobilizámonos para apoiar a resposta solidaria fronte á crise de Ucraína e para pedir un trato en igualdade de condicións para a poboación xitana ucraína [editar]

Comunicado da Fundación Secretariado Xitano

17 de Marzo de 2022
FSG MADRID

COMPARTIR

Estamos a traballar en distintas direccións:

En previsión dunha chegada masiva de refuxiados ucraínos, trasladamos formalmente ao Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións e ao Ministerio de Dereitos Sociais e A2030 nosa plena dispoñibilidade para poñer á súa disposición os recursos e servizos cos que contamos na Fundación Secretariado Xitano.

Os nosos equipos e sedes en 54 localidades de 14 CCAA poden servir de recurso especializado para a poboación ucraína de orixe xitana que chegue a España nas próximas semanas ou meses como consecuencia da invasión que está a vivir o país. Tras a primeira fase de chegada a España da que se encargarán as organizacións especializadas nos procesos de acollida, o noso traballo pódese centrar no posterior proceso de inserción sociolaboral dos adultos, e no apoio e acompañamento educativo aos nenos e nenas.

Temos unha longa traxectoria de traballo con países de Europa do Leste con amplas poboacións xitanas, principalmente, Rumania, Bulgaria, Eslovaquia, República Checa e Hungría. Desenvolvemos nalgúns dos nosos equipos liñas específicas de intervención sociolaboral e educativa con poboación roma/xitanos provenientes de países de Europa do Leste.

Estamos a contactar con entidades españolas de primeira acollida de persoas refuxiadas para formalizar a derivación das familias xitanas ucraínas que cheguen a España cara aos nosos servizos e programas, tanto educativos como de formación e acceso ao emprego, de maneira que a FSG sexa parte desa resposta solidaria do terceiro sector de acción social ante esta crise.

Traballamos activamente e de maneira coordinada con entidades da sociedade civil xitana europeas, a Comisión Europea e representantes do Parlamento Europeo, para seguir a situación da poboación xitana, tanto en Ucraína como nos países limítrofes, poñer en marcha iniciativas de apoio e denunciar os posibles casos de trato discriminatorio nos procesos de saída do país ou de acollida en países receptores da UE.

Estamos a solicitar información e seguindo noticias de organismos internacionais, entidades sociais, asociacións xitanas ou xornalistas sobre o terreo para actualizar a nosa web e redes sociais con noticias e informacións de interese.

Puxémonos en contacto con algunhas corresponsalías de medios de comunicación españois en Ucraína e en países limítrofes para solicitarlles que presten unha especial atención á poboación xitana neste contexto e pedirlles que informen sobre iso para coñecer a realidade e visibilizar ese posible trato discriminatorio.

Estamos a canalizar as posibles doazóns dirixidas á poboación refuxiada de orixe xitana. Na nosa web están dispoñibles os contactos de asociacións ucraínas ou entidades europeas que están a recadar fondos para axudar ás familias xitanas ucraínas.

VOLVER A LA PÁGINA PRINCIPAL DE ACTUALIDAD
...

GITANOS.ORG

...

GITANOS EN LA PRENSA

El alumnado gitano en Secundaria
  • El alumnado gitano en Secundaria
  • VER MÁS