19 de Abril de 2023
FSG Vigo
O mércores ao Sol ☀️
O grupo de mulleres do programa de prevención FSG Vigo “EN FAMILIA TODOS CONTAN” participan dunha nova experiencia viaxando no transporte marítimo facendo a travesía Vigo-Cangas. ⛴️🌊
Esta nova sensación supuxo un gran sentimento de liberdade, confianza e seguridade nelas mesmas.
O medo inicial que elas tiñan quedou totalmente diluido nas claras augas do mar 💜💙.
Unha vez en Cangas iniciamos o roteiro cultural e saudable onde pasamos pola exposición de pintura de @tinogatoarte na Capela do Hospital situada nos Xardíns do Sinal 🎨🖌️ 🖼️⛪️, continuando ata o final da praia de Rodeira ⛱️ e voltar ó punto de partida para coller o barco a Vigo.
Grazas pola vosa implicación coma sempre e, á nosa compañeira de prácticas, Claudia, por ser parte de nós e ser partícipe desta experiencia ❤️.
GITANOS.ORG
GITANOS EN LA PRENSA