29 de Junio de 2023
FSG Vigo
O pasado xoves 29 de xuño e, dentro do Curso de Operacións básicas de Limpeza, impartimos unha sesión trasversal para falarmos sobre "os mitos das drogas" e, máis especificamente do cannabis.
A metodoloxía empregada foi o traballo en grupo así como a realización dun rol-palying onde puidemos observar as dotes artísticias das e dos participantes, ademais de ser unha forma amena de interiorizar mellor os contidos aprendidos.
Informar sobre os riscos asociados ó consumo do cannabis así como, falar dos mitos e realidades foron os contidos abordados na sesión onde a xuventude xitana participou activamente e con moita implicación falando incluso, de vivencias persoais.
Gracias a todas e todos polas vosas aportacións e por ser respetuosas e respetuosas para cos demais, sen xulgar as súas opinións.
Feliz verán e, que teñades unha boa experiencia laboral.
GITANOS.ORG
GITANOS EN LA PRENSA