Actualidad

[editar plantilla]

Presentación do Estoxo Viaxeiro sobre Xitanos[editar]

COMPARTIR
  • Fechas: 13 Junio 2012
  • Lugar de celebración: Biblioteca Municipal Xosé Neira Vilas,
    Rúa Martínez Garrido, nº 21

A Fundación Secretariado Xitano xunto á biblioteca Xosé Neira Vilas temos o gusto de vos convidar á presentación do Estoxo Viaxeiro sobre os Xitanos que se vai celebrar o mércores 13 de xuño ás 18:00h na biblioteca municipal Xosé Neira Vilas (Martínez Garrido 21).

Con este estoxo tentamos abrir unha fiestra para mirar a cultura Xitana dende moitos lugares a comida, a música, a literatura, a historia... No estoxo presentamos unha escolma do xitano, que entendemos que pode ser unha ferramenta útil para achegar a súa realidade a escolares, adultos ou familias.

Na presentación ademais de presentar o contido do estoxo, haberá contos, xogos para os máis cativos, música e tamén moitos olores e sabores.
____________________________________________

Biblioteca Municipal Xosé Neira Vilas. Avenida Martínez Garrido 21, 36205 (Vigo). 986 267 759 | bpneiravilas@vigo.org | http://www.ltmbibliotecas.es/xuno_2012.htm |http://bpvigoneiravilas.blogspot.com.es/


Fundación Secretariado Xitano – Vigo. Burgos 9 baixo, 36205 (Vigo). 986 260 255 | fsgvigo@gitanos.org | http://www.gitanos.org/zonas/galicia/index.html