Actualidad

[editar plantilla]

Entrega de Bandera Xitana a Fabiola Garcia, Conselleira de política social. [editar]

Fixose ademaís a lectura da Declaración Institucional por Mirian Fernández Ferreduela Traballadora da FSG en Santiago de Compostela, Damaris León Fernández, Participante da FSG ee Ramón Fernández Ferreruela, Participante da FSG

07 de Abril de 2022
Fsg Galicia

COMPARTIR
Entrega de Bandera Xitana a Fabiola Garcia, Conselleira de política social. No acto, sinalou que a Xunta aprobará antes de que remate o ano a nova estratexia de inclusión social da poboación xitana

No mundo calcúlase que viven uns 20 millóns de persoas xitanas ou romanís.


Son cifras orientativas, xa que apenas existen estadísticas rigorosas ao respecto.

En Europa fálase duns 12 millóns de persoas, unha minoría cunha orixe común, que mantén uns trazos e valores culturais propios e que ao mesmo tempo diversa, heteroxénea e con grandes diferenzas segundo os territorios onde habita e a súa particular traxectoria histórica e cultural. É a principal minoría étnica europea. En España estímase que máis de 750.000 españois son xitanos e xitanas, arredor do 40% son andaluces.

En Galicia tan só residen unhas 13.000 persoas xitanas, o 2,7% da poboación xitana española. O Pobo Xitano mantén un rico patrimonio cultural e unha identidade, valores e costumes que os Estados deben coidar e protexer. As súas influencias na cultura universal estiveron, están e estarán presentes sempre, sobre todo a través do flamenco que, contribuíu á internacionalización da cultura española en todo o mundo.

Cada ano, na data do 8 de abril, celébrase o Día Internacional do Pobo Xitano, para lembrar o I Congreso Mundial roma/xitano celebrado en Londres onde se instituíu o himno e a bandeira xitana. A celebración do Día Internacional do Pobo Xitano 2022 chega nun terrible contexto de conflito internacional coa invasión militar rusa de Ucraína, e non podemos ignorar o que está a suceder nas fronteiras da Unión Europea. Por iso, este ano queremos que o 8 de abril constitúa tamén unha sentida homenaxe a tódalas persoas que están a sufrir en primeira persoa as consecuencias desta guerra, tanto en Ucraína como nos países limítrofes, e especialmente á comunidade xitana ucraína, que sabemos que en moitos casos está a sufrir un trato discriminatorio.

O Pobo Xitano caracterízase pola súa solidariedade, pola súa unidade, pola súa identidade compartida e os seus vínculos máis aló das fronteiras; e sabemos que nas crises sempre teñen máis dificultades quen está nunha situación de maior vulnerabilidade, como os xitanos e xitanas. Por iso queremos apelar á solidariedade con tódalas vítimas desta guerra, tamén co pobo xitano ucraíno, e compartir a reivindicación dunha sociedade xusta, baseada nos dereitos e as liberdades, nos valores democráticos, na igualdade de oportunidades e na cohesión social, para o Pobo Xitano e para o conxunto da sociedade.

O pasado mes de novembro, ven de aprobarse a Estratexia Nacional de Igualdade, Inclusión e Participación do Pobo Xitano 2021-2030. Galicia, Comunidade Autónoma pioneira en ter unha Estratexia de Inclusión Social de Poboación Xitana, está a realizar a Avaliación Final para dar comezo o novo período de planificación. Un marco político específico que nace non só do recoñecemento da situación de desigualdade e discriminación da poboación xitana e da necesidade de dar unha resposta estrutural a esta situación, senón que tamén avanza no impulso da participación e o recoñecemento do Pobo Xitano na nosa sociedade e nas institucións.

Documentos de interés

Enlaces

VOLVER A LA PÁGINA PRINCIPAL DE ACTUALIDAD