Actualidad

[editar plantilla]

E ti, Chanelas do Cannabis?. Programa de prevención [editar]

Actividades tranversais de soporte ós programas de prevención- programa "e ti, chanelas do cannabis??" (prevención universal)

29 de Junio de 2023
FSG Vigo

COMPARTIR
E ti, Chanelas do Cannabis?. Programa de prevenciónOs obradoiros de prevención pretenden informar e sensibilizar acerca do cannabis e o seu consumo.

Están pensados tanto para pre-adolescentes e adolescentes mozas e mozos como para xóvenes que sexan susceptibles dun posible consumo e, nesta ocasión, como podería afectar no entorno sociolaboral.

O pasado xoves 29 de xuño e, dentro do Curso de Operacións básicas de Limpeza, impartimos unha sesión trasversal para falarmos sobre "os mitos das drogas" e, máis especificamente do cannabis.

A metodoloxía empregada foi o traballo en grupo así como a realización dun rol-palying onde puidemos observar as dotes artísticias das e dos participantes, ademais de ser unha forma amena de interiorizar mellor os contidos aprendidos.

Informar sobre os riscos asociados ó consumo do cannabis así como, falar dos mitos e realidades foron os contidos abordados na sesión onde a xuventude xitana participou activamente e con moita implicación falando incluso, de vivencias persoais.

Gracias a todas e todos polas vosas aportacións e por ser respetuosas e respetuosas para cos demais, sen xulgar as súas opinións.

Feliz verán e, que teñades unha boa experiencia laboral.

Galería de Fotos

VOLVER A LA PÁGINA PRINCIPAL DE ACTUALIDAD
...

GITANOS.ORG

...

GITANOS EN LA PRENSA

El alumnado gitano en Secundaria
  • El alumnado gitano en Secundaria
  • VER MÁS